10 de setembro de 2019
A web educativa municipal facilita o acceso a toda a información básica de programas a través dun arquivo descargable
Accédese a esta páxina a través do menú despregable da sección "Programas". Nela, pódese consultar a información básica dos programas educativos municipais ofertados para o curso 2019-2020, ordenados por grupos de programas (ex.: A Coruña tardes, A Coruña cultural, A Coruña das ciencias etc.).
O arquivo descargable recolle de forma resumida a información relativa aos períodos de inscrición e de realización de cada programa, ao alumnado ao que se dirixe e sobre como debe realizarse a inscrición.
Estes datos son susceptibles de sufrir modificacións por motivo de cambios na organización dos programas. De cada alteración informarase nesta web e nos perfís sociais de Facebook e Twitter do Servizo Municipal de Educación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible