Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Convocado o concurso de curtametraxes IX Festival CinEOI Coruña 2019

Cando:

11 de febreiro de 2019

A data límite de recepción das curtametraxes será o 19 de abril de 2019; orixinais, de temática libre, cunha duración non superior aos 10 minutos e creadas e producidas en lingua galega (tamén poden incluír subtítulos nalgunha das linguas estudadas nas EOI).

Organizado polo Equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o Concello da Coruña co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego, entre o estudantado das EOI da provincia da Coruña (da Coruña e a de Ferrol) e as súas seccións, o CIFP Imaxe e Son e a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso na categoría xeral; e estudantado de 3º ciclo de E. primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do Concello da Coruña nas categorías infantil e xuvenil.

A gala de entrega de premios CinEOI2019 realizarase os días 8 e 9 de maio 2019 na EOI da Coruña.

Co obxectivo de animar á participación e promocionar o concurso, está aberta a inscrición ata o 15 de febreiro do "Taller de achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe", de 30 horas de duración, que se realizará do 21 de febreiro ao 6 de abril na EOI da Coruña e na aula de informática do Ágora, no que poderán participar 15 persoas.

O Concello da Coruña colabora en dúas fases do concurso:

  • Financiamento do "Taller de achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe"
  • E outorga o premio á "Mellor curta" na categoría xeral, cofinanciado por Voz Audiovisual (por Voz Difusión Noticias), e os premios "Ben falado" das categorías xuvenil e infantil.

MÁIS INFORMACIÓN .

CONTACTOS:

Concello da Coruña. Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto. Técnica de Educación. Ext 12038. educacion@coruna.es

Equipo de Dinamización Lingüística da EOI da Coruña

Anabel Fernández, coordinadora do festival.Tel.: 981 279 100

Correo-e: endl.corunha@gmail.com

Facebook: ENDL A Coruña/ENDL da EOI da Coruña

Canle Youtube: https://www.youtube.com/channel/uc1bFWvhVW154ZfnzCm-lDDw

Programa ao que pertence

  • Concurso IX Festival CinEOI Coruña Curtas 2019

    Acción de dinamización lingüística consistente en impulsar e organizar a participación do alumnado de EP e ESO no festival anual de curtas en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o Concello da Coruña, coa finalidade de promover a creatividade audiovisual en galego.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?