Concello da Coruña

Concello da Coruña

Educación e Cultura comeza a empregar nas súas canles sociais o hashtag #corunaencasa para a divulgación cultural telemática

Cando:

20 de marzo de 2020

A iniciativa impulsada pola Concellería permitiralle á veciñanza que se atopa confinada nos seus fogares acceder a contidos culturais e educativos en liña durante este período de estado de alarma

O concello, a través da Concellería de Educación e Cultura, comeza a empregar desde hoxe o hashtag #corunaencasa nas súas canles sociais (Facebook e Twitter) para informar a cidadanía de todas as actividades culturais e educativas das que pode desfrutar sen moverse da casa neste período de confinamento decretado polo estado de alarma no país por mor do Covid-19.

A iniciativa está dirixida a nenas/os, mocidade e persoas adultas que dispoñen de internet nos seus fogares. Todas as persoas interesadas poderán seguir o hashtag #corunaencasa, que se engadirá en todas as publicacións da conta da Concellería de Educación e Cultura, para saberen día a día das novas actividades que irán saíndo.

Os coruñeses e coruñesas poderán seguir a programación das Bibliotecas Municipais, os Museos Científicos, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal de Música, o Teatro Rosalía Castro, o Teatro Colón, o Museo Arqueolóxico, as casas museo e exposicións en xeral.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión