Concello da Coruña

Concello da Coruña

Educación estuda cederlle á Xunta espazos municipais para garantir a seguridade do alumnado

Cando:

26 de agosto de 2020

O concello móstrase disposto a colaborar co Goberno autonómico no plan de inicio do curso escolar cun reforzo da limpeza nos centros e coa presenza de Protección Civil e mais da Policía Local nas entradas e saídas do estudantado

A Concellería de Cultura estuda a posibilidade de cederlle á Xunta espazos municipais que sirvan de apoio aos colexios, como centros cívicos, pavillóns, bibliotecas ou incluso as instalacións do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano co fin de poder iniciar o curso con todas as garantías de seguridade. O concello valora porse ao dispor da Xunta na coordinación de tarefas de adecuación dos centros escolares para que sexa posible comezar as clases de xeito presencial. Na materia de limpeza, reorganizarían o servizo de forma que se reforzaría a quenda de mañá co fin de que as infraestruturas se mantivesen limpas en todo momento mentres o estudantado estivese nas aulas. Para iso solicitarían un acordo orzamentario coa Xunta que cubrise as eventualidades xurdidas pola situación actual, tales como as desinfeccións e a ampliación do servizo en horario matutino.

Por outra parte, este plan de prevención incluiría unha campaña de información e a posta en escena nos colexios de Protección Civil, da Policía Local e mais de persoas voluntarias, que controlarían as entradas e saídas dos centros para que se realizasen de forma ordenada e con distancia social entre o estudantado, o profesorado e as/os titores. Da mesma forma, o concello comprométese a organizar xunto coa Federación das ANPA actividades extraescolares en que a seguridade da rapazada estea garantida.

Estas medidas responden, segundo a alcaldesa, Inés Rey, ao esforzo que deben realizar as administracións para salvagardar a saúde da comunidade escolar e, en consecuencia, da cidadanía, dada a evolución actual da pandemia, así como para conseguir que as familias poidan conciliar neste ano tan difícil. Ademais, a Concellería de Educación estima conveniente que se reforce o servizo de conserxería nalgún dos centros da Coruña que así o precisa e que se contrate unha empresa de mudanzas co obxecto de que retire o mobiliario innecesario dos colexios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión