Concello da Coruña

Concello da Coruña

Este xoves presentaranse os resultados da campaña "Educamos en igualdade?"

Cando:

26 de novembro de 2018

Baixo este lema realizouse unha enquisa entre os/as escolares do CEIP Juan Fernández Latorre e o IES Monte das Moas. Os resultados publicaranse o xoves 29 no CCM do Castrillón

O xoves 29 publicaranse os resultados dunha enquisa realizada ao alumnado do CEIP Juan Fernández Latorre e o IES Monte das Moas o curso pasado, para constatar se realmente tanto desde a familia, os centros educativos e a contorna está a educarse en igualdade. A presentación será ás 19:30 horas no Centro Cívico municipal do Castrillón.

PICUS

A plataforma PICUS nace co obxectivo de tomar conciencia e responsabilidades sobre a violencia de xénero. Está formada por: EIM Carricanta, CEIP Juan Fernández Latorre, IES Monte das Moas (e as súas AMPAS), Biblioteca Municipal do Castrillón, Centro Cívico do Castrillón e a Asociación de Veciños Castrillón Urbanización Soto IAR.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión