Concello da Coruña

Concello da Coruña

Foro Pensando en Educación: Cancelada a modalidade presencial da conferencia de Federico Maior Zaragoza

Cando:

19 de outubro de 2021

A conferencia "Educación para ser libres e responsables" poderá seguirse en streaming o próximo 28 de outubro a partir das 19:30 horas

Para asistir por streaming "" á conferencia do catedrático Federico Maior Zaragoza debe accederse a través desta ligazón, na canle de Youtube da Concellería de Educación e Memoria Histórica.

Federico Maior Zaragoza

Federico Maior Zaragoza é doutor en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid e catedrático de Bioquímica da Universidade de Granada, institución da que foi reitor. Cofundador en 1974 do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, foi nomeado doutor honoris causa por numerosas universidades nacionais e internacionais. Foi ministro de Educación e Ciencia e durante doce anos ocupou o cargo de director xeral da UNESCO, época na que a institución aprobou a Declaración e Plan de Acción sobre unha Cultura de Paz. Tras o seu paso por este organismo, presidiu entes como o European Research Council Expert Group, a Iniciative for Science in Europe ou a Comisión Internacional contra a Pena de morte, ademais de colaborar activamente con múltiples organizacións, academias e asociacións. Desde 1993, preside o consello científico da Fundación Ramón Areces e, desde o ano 2000, é o presidente da Fundación Cultura de Paz.

Programa ao que pertence

Documentos relacionados

  • Dossier I FORO EDUCACIÓN A CORUÑA (5 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión