Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Heart of Gaza. Memorias dun neno palestino

Cuándo:

Desde el 03/11/2025 hasta el 13/11/2025

Ya ha finalizado

Horario:

De luns a venres, de 8:00 h a 21:00 h.

Os sábados, de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h.

Domingos pechado.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

libre 

Contacto:

agora@coruna.gal

A exposición está formada por debuxos realizados por nenos e nenas gazatíes, nos que expresan a súa percepción do xenocidio que están a sufrir, incluíndo —por desgraza— pinturas dalgúns nenos asasinados polo exército de Israel.

HeART of Gaza, fundado por Mohammed Timraz (Gaza) e Féile Butler (Irlanda), comezou como un intercambio de arte infantil a través de WhatsApp. Ambos comprenderon rapidamente que esta visión íntima da experiencia infantil do xenocidio debía compartirse co mundo.

A exposición foi presentada xa en numerosas cidades -de Chicago até Roma, de Londres a Berlín-, levando por todo o planeta a visión das crianzas sobre as atrocidades que se están a cometer contra o pobo palestino.

A primeira mostra tivo lugar en Irlanda, en xullo de 2024, mostrando 55 obras de 12 artistas vivos (nenos e nenas de 3 a 17 anos) e 2 crianzas asasinadas (de 9 e 13 anos). O proxecto continúa medrando grazas á creación de "The Artists' Tent" en Deir al Balah, un espazo dedicado a obradoiros de arte.

O principio fundamental de HeART of Gaza é reverter a deshumanización: o xenocidio é resultado dunha deshumanización absoluta. Un grupo reduce ao outro a un estatus subhumano, pero tamén perde a súa propia humanidade para poder executar actos tan crueles.

Esta exposición é unha plataforma para que as crianzas -as máis vulnerables e silenciadas- compartan co mundo a realidade de vivir un xenocidio, amosando a súa dor, forza e esperanza a través da arte.

Cada obra está acompañada dunha pequena "declaración", que inclúe o nome, a idade, unha foto do artista e a súa propia descrición do traballo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión