Concello da Coruña

Concello da Coruña

IDM 2022: Publícase a relación provisional de persoas admitidas e non admitidas

Cando:

11 de marzo de 2022

Ábrese un prazo de 10 días para que, no caso que corresponda, sexa posible emendar a documentación presentada

Consulta a Relación de persoas admitidas e non admitidas no programa IDM 2022 . As posibles alegacións e a correspondente documentación poden presentarse ata o 24 de marzo nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Comisión de valoración

A comisión de valoración examinará a documentación presentada no período de emenda e publicará as seguintes listaxes:

  • Alumnado admitido coa proposta de baremación provisional realizada de conformidade co baremo que figura nas bases para cada un dos idiomas que se soliciten.
  • Alumnado excluído do programa, indicando a causa da exclusión.

Programa ao que pertence

  • Idiomas do mundo 2022

    O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2021-22, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2022, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión