Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inés Rey: "A cuberta do patio do CEIP San Francisco Javier era unha demanda histórica da comunidade educativa"

Cando:

16 de outubro de 2020

A alcaldesa destacou o “esforzo importantísimo da comunidade educativa no inicio do curso para adaptarse á nova normalidade con éxito”

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, inauguraron esta mañá a nova cuberta do patio do CEIP San Francisco Javier, unha demanda histórica do centro educativo. Segundo a alcaldesa foi unha das prioridades do executivo local darlle resposta a esta vella necesidade do colexio que "levaba esperando 14 anos pola súa cuberta", apuntou.

Durante moitos anos a obra da cuberta do patio estivo paralizada polos desacordos entre administracións sobre a canalización subterránea do río Monelos, que discorre polo subsolo da zona, e polos permisos derivados do paso do Camiño Inglés. Inés Rey sinalou que o concello axilizou o pasado ano a contratación desta cuberta, que permite que as e os escolares realicen axeitadamente a práctica deportiva e o recreo, e propón ademais un percorrido teitado accesible desde o colexio ata o pavillón próximo.

Inés Rey valorou o inicio do curso como "tranquilo e sen incidencias, xa que apenas houbo peches puntuais de clases" e destacou o "esforzo importantísimo da comunidade educativa no inicio do curso para adaptarse á nova normalidade con éxito". A rexedora lembroulles que "o Concello da Coruña está ao seu carón para solucionar calquera deficiencia que vaia xurdindo ao longo do curso".

O concelleiro de Educación sinalou que esta construción "era unha das prioridades do Goberno local" e, asegurou "sentímonos satisfeitos porque fixemos todo o que estaba nas nosas mans para levala a cabo, xa que isto é calidade educativa e sen dúbida redundará en beneficio de toda a comunidade educativa". Celemín explicou que desde a Concellería de Educación estase facendo "un estudo de todas as necesidades que existen nos centros para que o próximo contrato de mantemento teña unha contía moito maior e poder solucionar así todas as dificultades que temos nos colexios da cidade", e que o están facendo tanto co mantemento como coa limpeza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión