Concello da Coruña

Concello da Coruña

Memoria Histórica clausura o venres 27 a exposición “As pequenas cousas”

Cando:

20 de novembro de 2020

Será cunha conferencia que terá lugar no Fórum Metropolitano ás 19.30 horas

A conferencia correrá a cargo de Jorge Moreno Andrés, doutor en Antropoloxía Social e Cultural con especialización en antropoloxía da imaxe e director do proxecto de investigación Mapas de Memoria da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Tamén participarán na charla o concelleiro de Educación, Memoria Historica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

A conferencia "Fotografía e violencia política. A transmisión da memoria durante o franquismo" terá lugar no auditorio do Fórum Metropolitano, cunha capacidade máxima de 30 persoas.

Esta charla pon fin á exposición "As pequenas cousas. De como os obxectos gardaron unha memoria perseguida", unha homenaxe ás vítimas da represión franquista.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión