Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Mosca

Cando:

Dende o 13/11/2018 ata o 14/11/2018

Horario:

9:00 h e 11:30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Función dirixida ao alumnado de ESO, BACH e FP, a cargo da compañía madrileña Sudhum Teatro.

Con Mosca, a compañía Sudhum Teatro trae a escena o tema do acoso escolar, unha realidade pouco visible ou que non se trata de forma idónea.

MOSCA é un xogo de nenos capaz de converterse nun pesadelo. Pedro sábeo ben. Con só dez anos xa pesa sobre el o sufrimento de ser vítima do abuso. Dun abuso que, ademais, practícase entre iguais.

O acoso escolar é un dos nosos maiores fracasos como sociedade e o índice de suicidios por esta causa resulta alarmante. Hai quen mesmo cre que é máis adecuado chamarlle "asasinato social".

Con esta aposta, Sudhum Teatro volve traer a escena realidades que lle afectan á infancia e á educación, uns temas pouco visibles ou non tratados da maneira idónea. Para compensar esta falta, a obra profunda sobre as emocións de quen é vítima do acoso escolar, reflexionando sobre a súa vida e prestando atención a como o medo, os prexuízos e a impotencia poden chegar a impregnar toda a súa contorna.

Dirección: Gustavo del Río.

Intérpretes: Fátima Domínguez, Luciana Drago e Fernando de Retes.

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?