+ 40 anos
12/03/2026
Inscricións:
18.30-20.30 h
2 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña
Colabora a escola galega de saúde para cidadáns
981 184 382
Colabora a escola galega de saúde para cidadáns
Obradoiro informativo con certificado de asistencia de Paula Sánchez Flores, Matrona da Área Sanitaria da Coruña
En colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, esta actividade formativa busca mellorar a comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. O programa céntrase na saúde integral, promovendo hábitos saudables, a detección temperá mediante cribados e o autocoñecemento como base dunha prevención personalizada, abordando tamén a menopausa e os recursos de apoio dispoñibles.
PROGRAMA
► A saúde integral da muller
Definición da saúde holística. Importancia da prevención
• Piares da prevención feminina
1. Prevención Primaria: Hábitos Saudables
• Nutrición.
• Exercicio físico.
• Soño e descanso.
2. Prevención Secundaria: Detección temperá. Programa da muller
• Cribados (Screening xinecolóxicos) : HPV; Citoloxía, mamografía
• Outros Screenings: Screening Ca colon y Ca pulmón.
► Menopausa:
1. Síntomas comúns e a sua xestión.
2. Estratexias de benestar e opcións terapéuticas
► Programas de Apoio e recursos para a muller
1. Recursos sanitarios e comunitarios.
2. A Importancia da rede de apoio.
3. Promoción da saúde mental.
► Autocoñecemento: A clave para a prevención personalizada
1. O Escaneo Corporal (Mindfunless).
2. Intelixencia emocional e a prevención.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible