Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nova convocatoria do programa "Todo público escolar Primavera 2022"

Ábrese o prazo de inscrición a partir do luns 17 de xaneiro de 2022, para asistir aos espectáculos programados de febreiro a xuño do curso 2021/2022

INSCRICIÓN

En línea, a través da ficha específica "DESPACHO DE BILLETES DO IMCE: TODO PÚBLICO", na páxina web www.coruna.gal/educacion 

Para acceder á ficha poden empregar o acceso que se lles adxudicou en crusos anteriores ou solicitala no "Servidor Central" no teléfono 981 902 327 ou por correo electrónico.

CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN:

• En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar, de grupos ou ciclos "burbulla"; polo que, é aconsellable inscribir o maior número de grupos posibles nunha mesma función.

• Cada grupo só poderá inscribirse nunha única obra de teatro durante o curso 2021/2022. Os grupos que xa asistiron en outono non poderán inscribirse nesta nova convocatoria.

• Prezo do billete de entrada por alumna/o: 2,00 € para o alumnado de educación infantil e educación primaria e 3,00 € para o alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP; e gratuita para o profesorado acompañante.

• Cada grupo deberá estar acompañado por unha persoa responsable do centro.

• A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 4 anos.

• En función das características do espectáculo e do nivel dos escolares, pódese producir unha reducción do aforo da sala.

PROGRAMACIÓN:

Lugar: todos os espectáculos serán no Forum Metropolitano.

  1. TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (4 e 5 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA

Espectáculo

Compañía

Nivel educativo

Datas

Horario

Duración

Data tope de abono

ÚNIKO

Teatro Paraíso

(País Vasco)

1º, 2º,3º e 4º EP

10 e 11 de febreiro de 2022

10.00 e 12.00 h

55 min

07/02/2022

FEIRANTES

Teatro do Noroeste (Galicia)

5º e 6º EP

3 e 4 de marzo de 2022

10.00 e 12.00 h e 10.00h

50 min

25/02/2022

NINGURES

Teatro o Cubo

(Galicia)

1º e 2º  EP

31 de marzo e 1 de abril de 2022

10.00 e 12.00 h

50 min

28/03/2022

QUIXOTE

Pedras de Cartón

(Galicia)

3º,4º,5º e 6º EP

5 e 6 de maio de 2022

10.00 e 12.00 h

50 min

02/05/2022

CON LA CABEZA EN LAS NUBES

Eugenia Manzanera

(C. de Madrid)

EI, 1º e 2º EP

19 e 20 de maio de 2022

10.00 e 12.00 h

50 min

16/05/2022

CRIS, PEQUEÑA VALIENTE

El espejo negro (Andalucía)

3º, 4º, 5º e 6º EP

26 e 27 de maio de 2022

10.00 e 12.00 h

65 min

23/05/2022

TIC TAC, EL HÉROE DEL TIEMPO

Omar Álvarez

(Arxentina)

EI, 1º e 2º  EP

 2 e 3 de xuño de 2022

10.00 e 12.00 h

45 min

30/05/2022

  1. TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Espectáculo

Compañía

Nivel

Datas

Horario

Duración

Data tope de abono

EL LIBRO DEL BUEN AMOR

Teatro Guirigay

(C. de Extremadura)

Bacharelato e FP

04/02/2022

11.30 h

60 min.

01/02/2022

FEIRANTES

Teatro do Noroeste (Galicia)

ESO

   04/03/2022

          50 min

      25/02/2022

AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA

Chévere (Galicia)

2º ciclo ESO, Bto. e FP

11/03/2022

11.30 h

75 min. + coloquio *

08/03/2022

LÁZARO

Leamok

(C. Valenciana)

4º curso ESO e Bto.

08/04/2022

11.30 h

60 min.

05/04/2022

AS ALUMNAS

Culturactiva (Galicia)

2º ciclo ESO, Bto. e FP

22/04/2022

11.30 h

70 min.

19/04/2022

FANTASMAS FAMILIARES

Quico Cadaval

(Galicia)

2º ciclo ESO e FP

28/04/2022

11.30 h

60 min.

25/04/2022

HISTORIAS DE ARREPÍOS

Paula Carballeira

(Galicia)

1º ciclo ESO e FP

29/04/2022

11.30 h

50 min.

26/04/2022

* O COLOQUIO será conducido por Pablo Meira, profesor da USC de Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade.

Programa ao que pertence

  • Todo público: programación de teatro para centros escolares 2021-22

    O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.

    No presente curso 2021/2022 e debido á incerteza xerada pola evolución da pandemia do coronavirus, ademais da programación que se presenta ata decembro de 2021, realízase unha nova proposta para a primavera de 2022.

    Os espectáculos dirixidos a educación infantil e educación primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18.00 h; e os dirixidos a educación secundaria terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 20.30 h, excepto "Feirantes", "Pantasmas familiares" e "Historias de arrepíos".

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión