Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Nova edición das Xornadas de orientación universitaria e profesional: Ti elixes!

Cando:

27 de febreiro de 2019

Documentos:

Tríptico XXVII XOUP (4 MB)

Aberto o prazo de inscrición do 27 de febreiro ao 15 de marzo ás 14:00 horas

Estas xornadas estás dirixidas ao alumnado de 4º de ESO, FP e bacharelato que desexe coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

PROGRAMA

Do 1 ao 5 de abril presentaranse os estudos universitarios no CUR - Centro Universitario de Riazor.

Do 8 ao 11 de abril realizaranse as visitas aos centros públicos de FP para coñecer os ciclos formativos que ofertan.

O 9 de abril haberá unha presentación dos Estudos Superiores de Deseño e de Arte dramática na EASD Pablo Picasso.

INSCRICIÓNS

Do 27 de febreiro ao 15 de marzo a través da ficha específica, tamén accesible desde a nosa web.

A inscrición farase desde o centro educativo e a obtención das credenciais é diferente en función de se se trata das visitas aos centros de FP ou de acudir ás mesas universitarias.

  • As credenciais para a visita aos centros de FP e aos Estudos Superiores de Deseño obtéñense en liña, a aplicación da ficha de inscrición elabora un pdf coas credenciais que o centro debe imprimir e entregarlle ao alumnado.
  • Para as mesas universitarias os centros fan a súa petición na ficha e o Servizo Municipal de Educación remítelles as credenciais a posteriori aos centros.

Para resolvar dúbidas sobre o uso da aplicación poden escribir a gestionim@edu.coruna.es.

No caso de existir prazas dispoñibles poderán acudir outras persoas interesadas facendo a solicitude no CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil).

CONCESIÓN DE PRAZAS

Unha vez cerrado o prazo de inscrición distribuiranse as prazas das mesas universitarias dándolle prioridade ao alumnado escolarizado nos centros da cidade.

Poderanse emitir credenciais de reserva para aquelas mesas nas que a demanda sexa superior ao total de prazas dispoñibles. O acceso ás salas das persoas nesta situación virá determinado pola existencia de prazas baleiras, unha vez que as persoas con praza asignada usen as súas credenciais.

ACCESO ÁS XORNADAS

O alumnado ten que presentar a credencial correspondente ao comezo das visitas aos centros de FP e para acceder ás mesas universitarias.

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?