Concello da Coruña

Concello da Coruña

O alumnado de 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO pode formar parte do xurado xuvenil do Young Audience Award

Cando:

3 de abril de 2019

Documentos:

YAA Programa (1 MB)

YAA Inscrición (925 KB)

Este evento, no que a mocidade de entre 12 e 14 anos escolle a mellor película europea destinada ao público xuvenil, realízase o vindeiro domingo 5 de maio en 45 cidades de toda Europa e, por primeira vez, en Galicia.

O Young Audience Award é un evento da Academia Europea de Cine e por primeira vez realízase en Galicia, organizado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello da Coruña.

O evento realizarase nos Cantones Cines da Coruña onde se reunirá o xurado xuvenil para visionar as películas e votar a gañadora. Trátase dun día de convivencia para ver cinema, debater e tamén divertirse. A participación é gratuíta, así como a comida, que será nas instalacións do cinema.

O evento non é en horario escolar pero, desde o Servizo Municipal de Educación, considérase de grande axuda trasladar esta información ao alumnado de 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

Sesión cinéfila

Para promover o evento e achegar o cinema á mocidade, o SME propón ademais a posibilidade de realizar unha actividade dedicada ao cinema nos centros educativos nun día deste mes de abril.

Sería unha sesión formativa e divulgativa de 50 minutos na que se explicarían conceptos relacionados co cinema e proxectaríanse dúas curtas nomeadas aos Premios Mestre Mateo. Pódese facer no salón de actos do centro e así xuntar varios grupos.

Aqueles centros interesados neste sesión cinéfila deberanlle escribir a cristinadelatorreh@gmail.com ou chamar ao 637 558 979.

As follas de inscrición deben estar asinadas polas persoas proxenitoras ou titoras dos e das participantes e deben enviarse a info@academiagalegadoaudiovisual.gal

Máis información na web da Academia Galega do Audiovisual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión