Concello da Coruña

Concello da Coruña

O CEIP Raquel Camacho camiña pola paz

Cando:

30 de xaneiro de 2019

Conmemoran o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cunha marcha polo barrio e convidan a familiares e veciñanza a sumarse

O alumnado do CEIP Raquel Camacho fará o mércores 30 de xaneiro, ás 12.00 horas, unha marcha pola paz ao redor do colexio. Esta cadea discorrerá pola gardería, instituto e Centro Ágora para volver de novo ao colexio, onde un grupo de alumnos e alumnas lerá un manifesto pola paz e concluirán cunha canción.

A dirección do centro convida a sumarse ás familias. No caso de que chova, as persoas que se sumen poderán acceder ao centro ás 12:15 horas para asistir á parte final do acto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión