Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

O Concello abre a convocatoria para participar na nova edición do programa Junior Year, "pensado para que o o alumnado da cidade, independentemente da renda familiar, poida cursar estudos en EEUU"

Cando:

5 de novembro de 2018

Documentos:

Díptico Junior Year (174 KB)

A titular de Xustiza Social, Silvia Cameán, destacou o incremento orzamentario deste plan de estudos no estranxeiro, que ten en conta criterios de renda e que este curso cobre os gastos íntegros de 54 das participantes

A Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, abrirá o próximo 29 de novembro, e até o 14 de decembro, o prazo para que o alumnado da cidade que este ano curse 4º de ESO se presente ao programa de estudos no estranxeiro Junior Year, polo cal podería realizar en EEUU o equivalente a primeiro de Bacharelato o vindeiro curso 2019/2020. A responsable municipal destacou en rolda de prensa que o programa, que este ano conta cun orzamento de 650.000 euros --un 85% máis do presuposto reservado polo anterior executivo para a última edición do programa Becas USA-- para cubrir 60 prazas no vindeiro curso, "está pensado para que calquera menor, independentemente da renda familiar, poida adquirir unha competencia lingüística plena noutro idioma, ademais de coñecer outra cultura".

Así, Cameán recordou que foi o actual goberno local o que, a diferenza de programas similares postos en marcha en anteriores mandatos municipais, introduciu a renda familiar como un dos criterios á hora de seleccionar o alumnado que participará no Junior Year. Ademais, o programa conta con bolsas totais ou parciais para facilitar a participación dos e das estudantes. "As e os menores seleccionadas cuxa unidade familiar non supere os 9.000 euros anuais de renda per capita poderán beneficiarse dunha bolsa total, de forma que o Concello correrá con todos os gastos deste ano de estudos no estranxeiro", dixo a concelleira. "Ademais disto, e debido á aplicación dun criterio de progresividade, o resto dos e das participantes poderán ter bolsas que cubran dende o 5% até o 95% do custo total do curso, sempre en base á renda familiar", comentou. A modificación dos criterios de baremación derivou en que os e as estudantes que contan cunha bolsa íntegra pasaran de 7 no curso 2015/2016 a 54 neste 2018/2019. Estes gozaron a custe cero de viaxe de ida e volta e servizo de acompañamento durante o mesmo, estancia durante un curso completo en EEUU e seguimento da mesma, curso intensivo e inglés e proba acreditativa do nivel acadado, ademais de 100 euros mensuais para gastos persoais.

Os formularios de inscrición pódense descargar na páxina web de educación www.coruna.gal/educacion e posteriormente presentarse no rexistro municipal dentro do prazo habilitado e coa documentación acreditativa esixida, que pasa por estar empadroada na Coruña, estar cursando 4º de ESO e ter unha nota media dun 6,5, como mínimo, en 3º de ESO (un 7 en lingua inglesa).

O programa Junior Year non é o único posto en marcha polo goberno local que se centra en mellorar as competencias lingüísticas do alumnado noutros idiomas. É o caso de Idiomas do Mundo, do que este ano se beneficiaron 54 estudantes, que foi implantado pola Concellería de Xustiza Social en 2016 e que leva durante os meses de verán a alumnado a distintos países europeos.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?