Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Educación

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

O Concello abre o 10 de abril o prazo para solicitar praza na rede de Escolas Infantís Municipais

Cuándo:

6 de marzo de 2019

A Xunta de Goberno local aprobará mañá as bases da convocatoria, que establecen tamén un período entre o 25 de marzo e o 3 de abril para que as familias poidan renovar a matrícula de nenos e nenas xa escolarizados nestes centros

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abre o vindeiro 10 de abril o período de novas matrículas na rede de Escolas Infantís Municipais, como se indica na base da convocatoria que aprobará mañá a Xunta de Goberno local. As familias con nenos e nenas de ata 3 anos terán ata o 30 de abril para solicitar unha nova praza. O calendario do proceso de admisión para o curso 2019-2020 tamén establece que entre o 25 de marzo e o 3 abril poderán reservar a praza os e as menores que xa estean escolarizados nos centros municipais.

Os novos ingresos serán para os nenos e as nenas nados nos anos 2017, 2018 e 2019, para quen se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas infantís municipais. As solicitudes cubriranse en liña na web www.coruna.gal/educacion e, unha vez feita a inscrición, é preciso imprimir, asinar e entregar na escola unha copia da solicitude. As vacantes dispoñibles nos nove centros dependentes do Concello coñeceranse a comezos de abril, unha vez o alumnado actual remate a súa reserva de praza. Para acceder a estas escolas, é preciso que o ou a menor teñan cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso e non ter 3 anos a 31 de decembro de 2019. Ademais, terán prioridade os nenos e nenas empadroados no Concello.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados valora criterios de renda e situación sociofamiliar e laboral á hora de puntuar as solicitudes. Deste xeito, as unidades familiares con menor renda obterán a puntuación máxima. Teranse tamén en conta diversidades funcionais dos e das menores e tamén da unidade familiar, a condición de familia numerosa, monoparental ou o número de persoas que conformen a unidade familiar e a presenza de irmás ou irmáns con praza no REIM. A situación de emprego ou desemprego da nai ou do pai tamén sumará puntos, que se multiplicarán por dous no caso das familias monoparentais. A Rede de Escolas Infantís Municipais conta con nove centros -A Caracola, Arela, Agra do Orzán, Carricanta, Os Rosales, Luís Seoane, Monte Alto, Os Cativos, Carmen Cervigón-, que ofertan máis de 800 prazas.

Toda a información sobre o proceso de matrícula para a Rede de Escolas Infantís Municipal está dispoñible no portal web http://www.coruna.gal/educacion/es/red-de-escuelas-infantiles

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?