Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello comezará a vindeira semana traballos de mellora de accesibilidade na EIM Os Rosales

Cando:

1 de febreiro de 2025

As obras contan cun orzamento de 30.000 euros e inclúen actuacións de mellora na seguridade

O Concello da Coruña comezará este luns traballos de mellora na accesibilidade na Escola Infantil Municipal dos Rosales. Esta actuación, que será executada por Arce Jardinería, ten un orzamento de 30.000 euros e permitirá mellorar a seguridade tanto dos nenos e nenas matriculados no centro como do persoal traballador.

As obras consistirán na realización dun novo percorrido de emerxencia e peche perimetral. Levarase a cabo a construción dunhas novas escaleiras, así como o cambio do peche perimetral metálico. Tamén se instalará unha nova varanda. A actuación forma parte dos compromisos adquiridos polo Goberno de Inés Rey para a mellora da seguridade no centro. O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, visitou as instalacións nos pasados días para expor á dirección do centro o desenvolvemento dos traballos.

"A nosa alcaldesa, Inés Rey, ten un forte compromiso coa mellora, dentro das competencias municipais, dos centros educativos da cidade, como estamos comprobando con numerosas intervencións de mellora e mantemento", sinalou Juan Ignacio Borrego. Ademais da mellora dos corredores de emerxencia da EIM Os Rosales, o Concello está a executar obras de mellora en outros centros educativos, como no patio do CEIP Ramón de la Sagra ou na pista multideporte do CEIP Víctor López Seoane.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión