1 de noviembre de 2026
A iniciativa busca concienciar aos nenos e nenas acerca do respecto e a inclusión a través do rap, a creatividade e os exercicios musicais
O Concello dará comezo o luns ao programa Freestyle People School, unha iniciativa organizada coa Asociación Poten100mos que terá lugar en dous colexios da cidade, o CEE María Mariño e o CEIP Novo Mesoiro, celebrando actividades nas que os nenos e nenas utilizarán o rap e a improvisación como unha ferramenta para concienciar e loitar contra o acoso nas aulas.
Freestyle People School é, en definitiva, un programa piloto que busca promover a convivencia, a educación emocional e a prevención das violencias dixitais e de xénero nos centros educativos empregando as ferramentas do freestyle rap, a improvisación e as artes urbanas.
O programa será impartido por Freestyle People, o primeiro grupo de 'freestyle' inclusivo formado maioritariamente por mozos e mozas con discapacidade intelectual e outros mozos en situación de vulnerabilidade social, co impulso da Asociación Poten100mos e Galos do Norte.
A proposta pretende achegar aos centros educativos da Coruña unha metodoloxía próxima á mocidade, baseada na participación activa, na creación artística e na aprendizaxe entre iguais, abordando dúas das principais problemáticas detectadas actualmente nos centros educativos. Por un lado, o ciberacoso e a violencia dixital, por outro, a violencia de xénero e o acoso sexual entre adolescentes.
Realizaranse dez sesións en cada centro entre os meses de novembro e maio, xunto cunha xornada de encontro entre os centros no mes de xuño. O equipo asignado a este proxecto combina experiencia en educación, inclusión social, intervención con persoas vulnerables e cultura 'freestyle'.
Programa al que pertenece
Rimamos junt@s por la convivencia, inclusión, respeto y diversidad.
Freestyle People School es un programa piloto que busca promover la convivencia positiva, la educación emocional y la prevención de las violencias digitales y de género en los centros educativos empleando las herramientas del freestyle rap, la improvisación y las artes urbanas.
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible