Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello destinou preto de 500.000 euros á cátedra Emalcsa-UDC que hoxe distinguiu os mellores traballos de grao e máster sobre sistemas de augas

Cuándo:

7 de junio de 2021

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, participou na entrega destas distincións, das que destacou a súa gran calidade técnica e rigorosidade e mais a súa utilidade para mellorar o servizo público e lograr así un desenvolvemento máis sustentable e equilibrado

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, participou este mediodía na entrega dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC xunto ao reitor da Universidade, Julio Abalde, e o director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira. Á convocatoria concorreron un total de 29 traballos de fin de grao e de máster relacionados cos sistemas de auga urbana, das que se distinguiron con 1.000 euros as propostas de Pilar Sánchez, na categoría de Fin de Máster por "Estudio tipolóxico da arquitectura das estacións de tratamento de auga potable. Caso de estudo: ETAP de Cañás, Carral, A Coruña", e a de Marta Sánchez, na modalidade "Fin de Grao" por "Influenza dos nutrintes na eficacia do tratamento das aguas residuais en zonas húmidas construídas de fluxo vertical". Ademais, concedéronse catro accésits valorados en 500 euros cada un a Alejandro Rey, Nuria Santisteban, Nerea García e Nicolás Ron. O edil destacou a calidade técnica e a rigorosidade dos traballos así como a súa utilidade para mellorar o sistema de xestión pública das augas da cidade: "É esencial aproveitar todas estas sinerxías para dirixilas nunha única dirección, en prol dunha calidade de vida mellor para todas e todos".

O concelleiro falou da cátedra como unha oportunidade para lle achegar á cidadanía, a través de Emalcsa, os avances científicos e tecnolóxicos desenvolvidos polos equipos de investigación da UDC. "Os seis anos desta cátedra reflicten sen dúbida o amplo abano que abarca este campo e as moitas investigacións que se realizan para lograr unha das premisas do Goberno de Inés Rey como é un desenvolvemento máis sustentable e equilibrado". O Concello, a través de Emalcsa, destina 50.000 euros anuais a esta cátedra desde a firma dun convenio en 2017, o que fan un total de 250.000 euros, ademais dos 250.000 euros cos que leva apoiando proxectos específicos nestes últimos catro anos.

Pola súa parte, Castiñeira sinalou a alta implicación do alumnado nesta materia e a unanimidade do xurado á hora de outorgar as distincións. Neste sentido, Abalde asegurou que a sustentabilidade supón unha das grandes patas da investigación para a UDC e recordou que ademais de referentes na divulgación, queren ser exemplo e que como proba diso teñen en marcha un proxecto piloto para previr os efectos das inundacións.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión