Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello incide na accesibilidade da información municipal coa renovación da páxina de web de Educación

Cando:

15 de outubro de 2018

A concellería que dirixe Silvia Cameán aposta por un sitio cunha organización máis accesible e intuitiva, mellora a consulta dende teléfonos móbiles, incorpora maior información e permite buscas por categorías

O departamento de Educación do Concello da Coruña renova a súa páxina web, que é máis accesible e máis intuitiva no seu uso, para incidir no obxectivo do Goberno local de poñer á disposición da cidadanía a información municipal dunha maneira sinxela e eficaz. A Concellería de Xustiza Social e Coidados ofrece así tanto á comunidade educativa, como as familias e á veciñanza en xeral un espazo onde seguir a actualidade do departamento, consultar o estado dos diferentes procesos e programas que ten en marcha a concellería ou acceder a ferramentas ou sistemas de participación na comunidade, entre outros servizos.

A páxina web, que se pode atopar xa no enderezo www.coruna.gal/educacion, está agora integrada no portal do Concello da Coruña, do que tomou o seu deseño base para que sexa máis familiar e similar á web doutros servizos municipais, o que redunda nunha navegación máis intuitiva e visual. Isto permite tamén que a páxina integre, relacione e ofreza ás persoas usuarias información que xeran outras áreas municipais e que pode ser de interese para a comunidade.  Ademais, o cambio inclúe a mellora no acceso á web dende teléfonos móbiles.

O web está estruturado en seis seccións: programas, centros educativos, Rede de Escolas Infantís, actualidade, participación e ferramentas. No primeiro dos apartados, as persoas usuarias poderán atopar información sobre as iniciativas educativas que mantén o Concello e filtralas segundo nivel educativo, centro, titularidade e outras categorías. Centros educativos é unha nova sección na que se poden buscar os colexios, consultar os procesos de admisión dos centros públicos e as áreas de influencia dos colexios, tanto concertados como dependentes da administración. A páxina mantén a información sobre as escolas infantís cunha estrutura similar, e sobre actualidade, con novas do departamento. Na sección de participación está dispoñible a información sobre o Consello Escolar da cidade, na que, como novidade, se incorporarán as actas das súas reunións. Finalmente, no apartado de ferramentas, os centros escolares poderán acceder a diversas utilidades que están á súa disposición, como un servidor FTP, a ferramenta de xestión dos xornais escolares, a plataforma de formación a distancia ou o correo electrónico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión