Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O concello promove un foro para analizar a situación da comunidade escolar en tempos de pandemia

Cuándo:

22 de noviembre de 2020

O evento, que terá lugar o 5 de decembro no auditorio do Centro Ágora, está pensado para que as familias, a comunidade educativa e a sanitaria atopen respostas aos retos que a situación derivada da COVID-19 está a xerar en torno á educación das nenas e dos nenos.

O concello, a través do Servizo Municipal de Educación, organiza o foro "A educación en tempos de pandemia", un evento pensado para chegar a todas aquelas persoas interesadas en coñeceren como se está artellando a vida escolar neste momento tan complicado como é unha pandemia. O dito foro terá lugar no auditorio do Centro Ágora o 5 de decembro, ás 11.00 horas.

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, sinalou que obxectivo deste evento en liña e presencial é crear un espazo de debate en que as familias, a comunidade educativa e a sanitaria poidan analizar de xeito conxunto como se está a desenvolver a educación das nenas e nenos e atoparlles resposta aos problemas que se están detectando nos centros escolares durante a pandemia da COVID-19.

Trátase dunha iniciativa innovadora tanto polo seu formato presencial e virtual como por ser posiblemente unha das primeiras en reunir nun mesmo debate representantes de todos os axentes implicados no procesos educativo e sanitario. Ademais, establecerase unha liña aberta para a participación e interacción co público asistente, que poderá formular preguntas ou realizar achegas, e mesmo debates paralelos desde os seus fogares. 

Segundo as organizadoras e organizadores, a crise sanitaria provocada pola COVID 19 vén de crear un escenario moi complicado para desenvolver a escolarización das nenas e dos nenos na nosa sociedade. É necesario, apuntan, integrar as necesidades educativas, as necesidades de conciliación familiar e as necesidades dos equipos docentes e os centros

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión