Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello publica a lista de vacantes e actualiza a lista de espera das Escolas Infantís Municipais

Cando:

22 de outubro de 2026

Nos vindeiros días procederase a distribuír as prazas dispoñibles nos diferentes centros da rede por un criterio de baremación

O Concello vén de publicar a lista de solicitudes de prazas nas Escolas Infantís Municipais fora do prazo ordinario ou por causas excepcionais. Ademais, actualizouse o numero total de vacantes dispoñibles nos diferentes centros da cidade para comezar a levar a cabo o reparto final. 

Actualmente, o curso con máis prazas libres é 3º (nados en 2024), con 117, seguido de 1º (nados en 2026), con 40 e de 2º (nados en 2025), con 12. Estas vacantes distribuiranse entre as familias que aínda figuran na primeira lista de espera e entre as novas solicitudes rexistradas. 

"Estamos a traballar para todas as familias poidan dispoñer deste servizo nun dos centros públicos desta cidade. Cómpre recordar que todas as escolas infantís son gratuítas para as familias, e o noso obxectivo é que cada ano chegue a máis xente", subliñou a alcaldesa, Inés Rey. 

Proximamente, o Concello procederá a facer a distribución das prazas dispoñibles seguindo criterios de puntuación entre as familias solicitantes. Ademais, as vacantes que se produzan ata decembro deste ano nalgunha das escolas infantís municipais iranse cubrindo coa lista de espera ofertando as prazas por orde. Se non se acepta, continuarase na lista de espera na mesma posición para un futuro chamamento. A lista de espera actualizada e a relación de prazas vacantes pode consultarse na páxina web do servizo de Educación, nesta ligazón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión