Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O Fórum Metropolitano acolle a exposición 'As pequenas cousas'

Cando:

5 de novembro de 2020

Trátase dunha homenaxe ás vítimas da represión franquista que se pode visitar ata o 28 de novembro

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación e Memoria Histórica, trae á cidade a exposición "As pequenas cousas. De como os obxectos gardaron unha memoria perseguida", unha homenaxe ás vítimas da represión franquista.

A mostra, que se pode visitar no Fórum Metropolitano ata o 28 de novembro, componse de obxectos, documentos, cartas e fotografías. Un abano de arquivos e recordos recompilados polo proxecto Mapas da memoria durante 10 anos de investigación sobre as diferentes formas de violencia da posguerra.

A exposición pódese visitar de luns a venres, de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 11.00 a 13.00 horas.

Esta mostra foi posible grazas ao traballo do Museo do Pobo Galego, o proxecto Mapas de Memoria e o Centro Internacional de Estudos de Memoria e Dereitos Humanos (CIEMDH) da UNED.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión