Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O goberno local impulsa unha nova edición de Xogos Escolares, o programa gratuíto que pretende favorecer a práctica deportiva entre o alumnado dos centros educativos da cidade

O prazo de inscrición para participar nos torneos, que inclúe o transporte público gratuíto desde os colexios até as instalacións, remata o 5 de novembro. Nesta edición o Concello ofrece nove modalidades deportivas, entre as que se inclúen atletismo, fútbol gaélico ou esgrima

O Concello da Coruña mantén aberto até o 5 de novembro o prazo de inscrición para participar nunha nova edición de Xogos Escolares, o programa municipal de torneos dirixidos ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria matriculado nos centros educativos da cidade e que ten como obxectivo principal impulsar a práctica deportiva entre as rapazas e rapaces, así como favorecer a adquisición de hábitos de vida saudables.

De cara a este curso 2018/2019 a nova edición do programa, a  Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento -que pretende incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento persoal do alumnado dos centros educativos- ofrecerá participar até en nove modalidades deportivas diferentes, como son balonmán, baloncesto, xadrez, tenis, hóckey sala, atletismo, esgrima, rugby e fútbol gaélico -disciplina que unicamente se poderá practicar entre o alumnado da ESO-.

Os Xogos Escolares son gratuítos para as e os participantes, e a inscrición nos mesmos inclúe a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIP da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo, así como persoal acompañante para o equipo que así o solicite. Os torneos celebraranse polas tardes, de luns a venres, en distintos horarios e xornadas, en función da competición e da modalidade. As instalacións deportivas nas que se xogarán os distintos partidos serán as pistas de atletismo do Campus de Elviña, os polideportivos municipais do Ventorrillo, San Francisco Xabier e Sagrada Familia, ademais do Pazo dos Deportes de Riazor, a cidade deportiva de Riazor e o centro especializado de esgrima da Casa da Auga.

O programa desenvólvese en colaboración coa Federación Provincial de ANPA de Centros Educativos e con distintas entidades deportivas da cidade, como son Club Basquet Coruña, Club Balonmano OAR Cidade Vella, Asociación Galega de Axedrecistas, Escola de Tenis Marineda, Escola Hóckey Club, Club Riazor Coruña, Club Coruña Comarca, Club Esgrima Coruña, Club Zalaeta 100tolos, Escola Galega de Esgrima, Club de Rugby de Arquitectura Técnica (CRAT) e Fillos de Breogán.

Para máis información sobre Xogos Escolares así como realizar a inscrición nos mesmos, até as 23.59 horas do luns 5 de novembro, pódese visitar o web www.coruna.gal/deportes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión