Concello da Coruña

Concello da Coruña

O martes 11 de febreiro realizaráselles unha proba de inglés a todas as persoas admitidas no programa Bolsas USA 20-21

Cando:

29 de xaneiro de 2020

Será ás 19:00 horas no Centro Cívico dos Mallos

O programa Bolsas USA 2020-21 recolle nas súas bases que as persoas que o soliciten terán que facer unha proba de inglés por esixencia da entidade responsable do programa en EE.UU., cuxo resultado ten que achegarse no expediente da/o menor. A proba é eliminatoria e é necesario aprobala para continuar no proceso de selección.

Teñen a obriga de presentarse ao exame todas as persoas admitidas no programa, independentemente do lugar que ocupen na listaxe provisional e/ou definitiva, se queren continuar no programa. Nas ligazóns que se achegan pódese consultar a información xeral sobre a proba e practicar o exame.

Programa ao que pertence

  • Bolsas USA 2020-21

    A realización deste programa suspéndese para a edición 2020-2021 debido á situación de alerta sanitaria xerada pola COVID-19.

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE. UU. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Bolsas USA: Bases BOP (205 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión