Concello da Coruña

Concello da Coruña

O prazo de inscrición no programa Bolsas Canadá 2022-23 ábrese do 25 de febreiro ao 11 de marzo

Cando:

24 de febreiro de 2022

Poderase acceder á ficha de inscrición en liña a través desta web

As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na web a través da ficha específica BOLSAS CANADÁ 2022-23.

Unha vez feita a inscrición, o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso de selección. A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña, deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de procedemento administrativo.

Inscrición nas BOLSAS USA 2022-23 con anterioridade

As persoas que se presentaron con anterioridade á convocatoria do programa BOLSAS USA 2022-23 e que presentasen por rexistro a documentación requirida para a baremación da solicitude, poderán dar o seu consentimento, a través da ficha de inscrición en liña de BOLSAS CANADÁ 2022-23, para que o Concello dea traslado da devandita documentación ao novo expediente. Nestes casos, para ser admitidos, si que terán que presentar por rexistro o xustificante que acredite a inscrición no programa a través da ficha específica de BOLSAS CANADÁ 2022-23, o cal debe estar asinado pola persoa interesada e os/as seus/súas proxenitores/as.

Accede á publicación no Boletín Oficial da Provincia para coñecer todos os detalles: BOP BOLSAS CANADA 2022

Estancia en Canadá

A estancia en Canadá comezará en agosto de 2022 e finalizará en xuño de 2023 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

O programa Bolsas Canadá ofrécelle a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en EE.UU. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

Programa ao que pertence

  • Bolsas CANADÁ 2022-23

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

    Máis información
  • Bolsas CANADÁ 2022-23

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

    Máis información

Documentos relacionados

  • BOP: Basees Bolsas Canadá (127 KB)
  • Cartel Bolsas Canadá 2022-23 (183 KB)
  • Info Bolsas Canadá (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión