Concello da Coruña

Concello da Coruña

O prazo de inscrición para o programa Acoreuropa IX abrirá do 2 ao 23 de marzo

Cando:

17 de febreiro de 2020

Ofértanse 12 bolsas para titulados/as de ciclos superiores de FP para realizar prácticas formativas de tres meses (de setembro a decembro de 2020) en empresas de varios países europeos

O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que alcanzaron a súa titulación en decembro de 2019 ou en xuño de 2020, incluída a FCT (Formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos nalgún dos 9 centros docentes públicos que participan como socios no programa:

  • CIFP Anxel Casal
  • CIFP Escola de Imaxe e Son
  • CIFP Paseo das Pontes
  • CIFP Someso
  • IES A Sardiñeira
  • IES Eusebio da Guarda
  • IES Fernando Wirtz
  • IES Ramón Menéndez Pidal
  • IES Urbano Lugrís

A ficha específica de inscrición estará publicada na web o luns 2 e hai que presentarse xunto coa documentación esixida en calquera dos rexistros municipais, situados no Palacio municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro.

  • Xustificante da solicitude debidamente cuberta e asinada
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (co nome no reverso)
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • Se é o caso, calquera título oficial de idiomas
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)

As 12 bolsas distribúense da seguinte maneira:

  • 2 bolsas en francés en Francia (Bordeus) ou Bélxica (Bruxelas)
  • 3 bolsas en italiano en Italia (Padua, Campobasso ou Florencia)
  • 4 bolsas en inglés en Irlanda (Cork) ou RU (Cardiff), República Checa (Praga) ou Austria (Viena, pode ser en alemán)
  • 3 bolsas en portugués en Portugal (Lisboa)

Con todo, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas adecuadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados.

As bolsas inclúen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil; e ademais as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía de 1500,00 €. Ademais, o concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e as organizacións intermediarias nos países de destino, tamén se encargará da xestión do programa: a organización das viaxes, a procura de aloxamentos e das empresas de prácticas, así como a tramitación da documentación ante o SEPIE para o recoñecemento oficial das prácticas.

O proxecto será desenvolvido pola Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino; e financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

As bases foron publicadas no BOP do 14/02/2020

Máis información: Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña

Teléfono: 981 184 200, ext. 22041. educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

  • Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa IX

    Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión