Concello da Coruña

Concello da Coruña

O prazo de inscrición para o programa “Converxencias: Arte e Ciencia” abre o 16 de decembro ata o 19 de xaneiro

Cando:

15 de decembro de 2022

O programa está dirixido preferentemente a alumnos de ESO, BACH e FP.

Desde o venres 16 de decembro ata o 19 de xaneiro, está aberto o prazo de inscrición para participar no programa Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e obradoiro "Escher" 2022-23 , que se levará a cabo no Centro Ágora.

Trátase dunha exposición interactiva que permitirá aproximar os máis novos ao mundo da ciencia, mentres aprenden a gozar da beleza da arte.

Nesta exposición analizarán as similitudes e diferenzas entre a arte e a ciencia, recoñecendo o papel das matemáticas na base dalgunhas propostas artísticas.

Inscrición

Os centros educativos que estean interesados deben facelo a través do formulario de inscrición que figura na web http://www.igaciencia.eu/

  • O prazo de inscrición para os centros educativos do concello da Coruña: desde o 16/12/2022, ás 10.00 h, ata o 11/01/2023, ás 14.00 h.
  • O prazo de inscrición para os centros educativos doutros concellos: 12/01/2023, ás 10.00 h, ao 18/01/2023, ás 14.00 h.

Soamente poderase inscribir un grupo por centro, pero no caso de que queden sesións sen cubrir, haberá a posibilidade de inscribir a un segundo grupo do 18/01/2023 ás 16.00 h, ao 19/01/2023, ás 24.00 h.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión