Concello da Coruña

Concello da Coruña

O prazo de solicitude para "Bolsas Canadá 2023-24" abre do 9 ao 20 de xaneiro

Cando:

21 de decembro de 2022

O programa está dirixido ao alumnado residente na Coruña que curse 4º de ESO durante o ano escolar 2022/23

Desde o día 9 de xaneiro ata o día 20 estará aberto o prazo de solicitude para o programa "Bolsas Canadá 2023-24", que ofertará unha estadía en Canadá para 35 alumnos/as que comezará en agosto de 2023 e finalizará en xuño de 2024 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso escolar 2022-23 nun centro da cidade da Coruña
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22

Programa ao que pertence

  • Bolsas CANADÁ 2023-24

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión