Concello da Coruña

Concello da Coruña

O programa de conciliación ‘Cóxegas’ organizou o curso pasado actividades lúdicas para máis de 600 escolares dos CEIP da cidade

Cando:

3 de febreiro de 2019

A concellería de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, indica que a iniciativa ofrece un lecer activo e de calidade para o alumnado nos períodos que non se celebran as actividades extraescolares

Máis de 600 rapaces e rapazas participaron nas dúas edicións do programa de conciliación Cóxegas que se celebraron no curso pasado. A Concellería de Xustiza Social e Coidados ofrece dende o ano 2016 esta iniciativa, en colaboración coa Federación de ANPA da cidade, destinada aos centros públicos de educación infantil e primaria. "A iniciativa complementa a actividade nos colexios durante os períodos nos que non se celebran actividades extraescolares das ANPA, tanto en xuño como en setembro, o que ofrece unha solución ás demandas de conciliación das familias", explica a concelleira responsable, Silvia Cameán.

Na edición celebrada no mes de setembro de 2017 participaron 10 CEIP da cidade, con un total de 165 alumnos e alumnas divididos en 12 grupos. No segundo período do programa, en setembro de 2018, o número de centros participantes ascendeu a 19, o que permitiu conformar 36 grupos nos que participaron un total de 446 nenos e nenas. As actividades do programa Cóxegas, que se desenvolve nas instalacións dos propios centros en horario de 16.00 a 18.00, ofrecen un lecer activo e de calidade para as nenas e nenos, adaptado ás súas respectivas idades, que favorecen o desenvolvemento cognitivo, psicomotor ou afectivo-social das alumnas e alumnos ao tempo que consegue promover  a conciliación da vida laboral, social e familiar, explica Cameán. Así, o pasado ano realizáronse propostas vinculadas aos xogos e ao deporte, á animación teatral ou á expresión plástica, entre outras, baixo un enfoque integrador de maneira que os nenos e as nenas foron protagonistas mediante a creación, en común, dunha aventura virtual que se pechou cunha actividade final aberta ás familias.

A iniciativa, que se mantén no curso actual, terá a súa segunda quenda para este ano entre o 3 e o 21 de xuño. A inscrición realizarase no mes de maio e a cota para participar no programa será de 15 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión