Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O programa Educa Saúde realizarase na Escola Infantil Municipal Monte Alto

Cando:

16 de outubro de 2019

Este programa organizado polo Concello e a a Fundación María José Jove ten o obxectivo de promover hábitos saudables nas familias

Constará de dous tipos de actividades: Talleres para familias e Escola de pais.

Talleres para familias

Unha reunión onde se pretende involucrar as familias no labor educativo nos primeiros anos de vida. Para isto, faranse actividades prácticas cos nenos e nenas adecuadas a cada idade, fomentando a participación dos pais e nais: circuíto de psicomotricidade, contos, cancións, xogos de socialización de iguais, exercicios de separación, atención, concentración... Ademais, explicaránselles os obxectivos de cada unha delas e a importancia de realizar as devanditas actividades na casa para mellorar o seu desenvolvemento e mellorar a comunicación entre pais e fillos.

Escola de pais

Unha reunión para cada nivel de idade nas que tras unha breve exposición sobre desenvolvemento evolutivo, estilos educativos, adquisición de hábitos e intelixencia emocional resolveranse todas as dúbidas que a nivel educativo xorden na crianza das nenas e dos nenos (rabechas, control de esfínteres, chupete, celos...).

Consulta o Calendario de talleres Educa Saúde .

Programa ao que pertence

  • Educa Saúde 2020-2021

    Programa de prevención e formación que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudables desde a infancia. Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. O programa inclúe tamén as familias como axente determinante na transmisión destas condutas.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión