Concello da Coruña

Concello da Coruña

O SME organiza un encontro informativo sobre A Tenda de Antón para proresorado

Será o xoves 29 de novembro, ás 18:00 horas, na EIM Monte Alto. Pídese que se confirme a asistencia por correo electrónico

A finalidade desta actividade informativa é orientar a visita á tenda e mostrar os usos deste espazo compartido polos centros escolares da cidade e comarca.

É necesario coñecer as peculiaridades deste espazo para favorecer o aproveitamento dos recursos e valorar a necesidade de manter o estado da tenda en boas condicións e orde ao finalizar a visita.

O profesorado que asiste ás visitas asume a utilización responsable dos recursos e materiais da tenda durante a visita.

As traballadoras e traballadores do mercado coñecen e favorecen a participación dos centros escolares na súa visita.

Encontro informativo

Pídese que se confirme por correo electrónico a asistencia ao encontro informativo. A non asistencia implica a renuncia á visita.

Correo electrónico: ei.montealto@hotmail.com

Contacto: Montse Sancho

Sobre a EM Monte Alto

A escola está situada na praza exterior do mercado de Monte Alto, entre as rúas Conto e Forcarei, próxima á Domus.

Para chegar:

  • Parada de autobuses na avenida de Hércules, xunto ao mercado
  • Dificultade para atopar zonas públicas para aparcar
  • Aparcadoiro privado debaixo da escola, cunha compra no supermercado da praza exterior obtense unha hora gratuíta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión