Concello da Coruña

Concello da Coruña

O vindeiro luns 4 de outubro arrinca o programa "Reforzo escolar"

Cando:

30 de setembro de 2021

O programa, que se desenvolverá en horario de tardes en diferentes centros cívicos da cidade, prolongarase ata o 31 de maio

As inscricións realizaranse mediante derivación dos centros educativos e/ou das/os técnicas/os de servizos sociais coa coordinación oportuna.

Este programa está destinado a menores que teñan dificultades de aprendizaxe e ten como obxectivo proporcionar os recursos pedagóxicos necesarios para potenciar as competencias individuais, reducir as taxas de abandono temperán, evitar o fracaso escolar e o absentismo.

-Reforzo escolar Primaria: Dirixido a alumnado entre 5 e 11 anos co que se intervirá para previr, reducir e readaptar as dificultades de lectoescritura..

-Reforzo escolar Secundaria: Dirixido ao alumnado entre 12 a 16 anos con dificultades de aprendizaxe, no ámbito das ciencias.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión