Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pedro Mestre 4uatro Ao Sul. Concerto no festival intercultural “A voz de Portugal”

Cando:

15/11/2025

Xa rematou

Horario:

19:30 h. 

Pídese puntualidade 

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde 

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Este proxecto xorde da paixón polo "cante alentejano" e da vontade de recrear, sen prexuízos, novas modas cunha beleza que transcende ao repertorio habitual dos coros alentexanos. Por iso os 4uatro Ao Sul procuran músicas doutros pobos do sur de Europa, maiormente as de temática relixiosa de tempos pasados, e que nos fan encontrar raíces comúns nos puntos máis inesperados.

O grupo está formado por cinco músicos e cantores con diversas experiencias musicais: José Barros, Rui Vaz, José Manuel David, Pedro Calado e Pedro Mestre.

Co seu primeiro disco presentaban temas á capela, tradicionais do sur de Europa, especialmente do cancioneiro alentexano e outros acompañados coa Viola Campaniça. "Demudado em Tudo" (2011) é o nome dese seu primeiro traballo co que recibiron o prestixioso premio "José Afonso". No ano 2024, lanzaron o seu último disco "Outros Cantes" onde o grupo continúa co seu propósito de non deixar caer no esquecemento modas que se afastaron do repertorio dos grupos de Cante e difundir os puntos de contacto que o Cante ten coas polifonías da bacía do Mediterráneo, en particular da illa de Córsega.

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre, de balde e non se precisa reserva previa; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión