Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Pospóñense o concerto e charla con Ses previstos para marzo

Cando:

4 de xaneiro de 2019

As novas datas para as actividades son o mércores 24 e xoves 25 de abril, ás 11.30 horas, no auditorio do Centro Ágora

Por motivos de axenda da cantautora M.ª Xosé Silvar, Ses, e do guitarrista Tito Calviño, pospuxéronse os concertos e charlas previstas para o 13 e 14 de marzo. As actividades que se realizarán no auditorio do Centro Ágora quedan fixadas, daquela, para o mércores 24 e o xoves 25 de abril, tamén en horario de 11.30 horas e cunha duración estimada de 75 minutos.

Para participar nestas actividades, cada centro da Coruña deberá remitir, a partir do luns 1 de abril, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

  • Nome e teléfono das persoas que acompañarán o alumnado e a sesión á que queren asistir.
  • Número de alumnas e alumnos con indicación do curso ao que corresponden.
  • Correos electrónicos de contacto co profesorado que vai acudir.

Se non se cubrisen as prazas dispoñibles, o 8 de abril abrirase un segundo prazo de inscrición no que se poderán anotar os centros de fóra da cidade.

Estas actividades enmárcanse dentro do programa Falamos .

Mantéñense as datas para Eroski Paraíso

Lémbrase que tamén hai unha segunda oportunidade para asistir á representación teatral de Eroski Paraíso, o programa de  Todo Público . Será os días 6 e 7 de febreiro, ás 11:00 horas, no Centro Ágora (capacidade limitada a 476 asistentes).

Tamén se manteñen as datas de inscrición dos centros: a partir do 10 de xaneiro para os da Coruña e do 17 de xaneiro para os de fóra da cidade.

Programa ao que pertence

  • Falamos

    O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Todas as actividades deste programa van ser gratuítas.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?