Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Prazas libres no programa de reforzo educativo Poténciate en ciencias

Cando:

18 de marzo de 2019

O Programa educativo municipal Poténciate de reforzo en ciencias comezou a súa andaina o 25 de febreiro e ten como principal obxectivo diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña.

Está a asistir alumnado de educación secundaria derivado polos centros educativos da Coruña e polas profesionais de Servizos Sociais (nos casos que elas así o estiman).

Poderanse realizar accións individuais (domiciliarias ou hospitalarias) de ser preciso, tras a valoración da situación polo Servizo Municipal de Educación, e logo do informe previo da persoa profesional de referencia.

Centros cívicos onde se realiza: CCM Castrillón, CCM Elviña e CCM Eirís.

Quedan prazas nestes centros cívicos que serán coordinadas desde o Servizo Municipal de Educación. A actividade é gratuíta.

Horarios en cada centro:

  • Castrillón: luns e mércores de 18:00 a 19:30 h
  • Elviña: luns e mércores de 16.30 a 18.00 h
  • Eirís: xoves e venres de 16.30 a 18.00 h

Contacto:

Teresa Delgado López

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

Programa ao que pertence

  • Poténciate Ciencias

    Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2018/2019

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?