Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prazo de presentación de solicitudes para optar ás Bolsas Norteamérica 2027-2028

Cando:

Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026

Formulario de inscrición

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 - Ext. 10911

educacion@coruna.gal

Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa na páxina web municipal.

Coa publicación, o venres 2 de outubro, do extracto da convocatoria do programa "Bolsas Norteamérica 2027-2028" no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, ábrese, desde o día 5 de outubro e ata o 27 de outubro (ambos os días incluídos), o prazo de solicitude das bolsas.

As Bolsas Norteamérica 2027-2028 ofrecenlle ás alumnas e alumnos dos centros educativos coruñeses que cursan 4.º de ESO este ano, a posibilidade de darlle continuidade á súa formación nun centro educativo do Canadá durante o curso 2027-28, no seu primeiro ano de bacharelato.

O primeiro paso para presentar a solicitude será cubrir unha ficha específica de inscrición a través da web de Educación, que deberá presentarse posteriormente, acompañada por toda a documentación requirida, a través dos rexistros oficiais do Concello.

Máis información na páxina do programa: Bolsas Norteamérica 2027-2028

Programa ao que pertence

  • Bolsas Norteamérica 2027-2028

    Programa mediante o cal ao alumnado de 4.º da ESO empadroado no Concello da Coruña e matriculado nun centro educativo da cidade durante o curso 2026/27 ofréceselle a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1.º de Bacharelato) no Canadá, durante o curso 2027/28.

    Máis información

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión