Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas provisionais da convocatoria extraordinaria de decembro para a cobertura de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais

Cando:

23 de decembro de 2024

O prazo de reclamacións e alegacións permanecerá aberto do 27 de decembro ao 3 de xaneiro.

Unha vez finalizado, o pasado luns 16 de decembro, o prazo de solicitude de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) correspondente á convocatoria extraordinaria de outubro, publícanse as listas provisionais de admitidos coas puntuacións obtidas conforme ao baremo establecido nas bases. Por outra banda, tamén se indica a relación de solicitudes excluídas do proceso, xunto coa causa ou causas da exclusión.

A partir desta publicación, ábrese un prazo de reclamacións/alegacións desde o venres 27 de decembro ata o venres 3 de xaneiro. A falta de presentación dalgún dos documentos obrigatorios dentro do prazo de presentación de alegacións supoñerá a exclusión do proceso.

Listas definitivas a partir do 13 de xaneiro

Tras a resolución das reclamacións/alegacións presentadas, as listas definitivas de admisión publicaranse na web de Educación (https://www.coruna.gal/educacion) o luns 13 de xaneiro, como paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado entre o martes 14 e o venres 17 de xaneiro.

As solicitudes que resulten adxudicatarias da praza poderán formalizar a matrícula, logo da cita previa fixada pola escola correspondente. Os/as menores adxudicatarios/as deberán ter cumpridos tres meses no período de matriculación.

Máis información na páxina de " Proceso de admisión "

Proxectos educativos

Documentos relacionados

  • Listas provisionais de persoas admitidas (26/12/2024) (153 KB)
  • Listas provisionais de persoas excluídas (26/12/2024) (165 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión