Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas provisionais da convocatoria extraordinaria de setembro da REIM

Cando:

28 de novembro de 2025

Coa publicación das listas ábrese un prazo, do 1 ao 3 de decembro, para a presentación de alegacións.

Tras a súa aprobación por parte da comisión de escolarización, o Concello da Coruña publicou hoxe, venres 28 de novembro de 2025, as listas provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera da convocatoria extraordinaria de seotuenbre da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026.

Entre os días 1 e 3 de decembro (ambos os incluídos) poderanse presentar as alegacións correspondentes, indicando o IDE da solicitude.

As listas están dispoñibles para a súa consulta na páxina da web de Educación do Concello coa información sobre o Proceso de admisión na REIM .

Listas definitivas e período de matrícula

Tras o peche do prazo de alegacións, publicaranse as listas definitivas o vindeiro luns 15 de decembro. Seguidamente, abrirase o prazo de matrícula entre os días 16 e 18 de decembro (ambos os incluídos).

O calendario completo do proceso é o seguinte:

Prazo de solicitude

Do 18 de setembro ao 1 de outubro

Publicación de listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas

31 de outubro

Prazo de corrección de documentación

Do 3 ao 14 de novembro

Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera

28 de novembro

Prazo de alegacións

Do 1 ao 3 de decembro

Publicación de listaxes definitivas

15 de decembro

Matrícula

Do 16 ao 18 de decembro

Máis información sobre o proceso de admisión na páxina do Proceso de admisión na REIM .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión