Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas provisionais da convocatoria extraordinaria de xullo da REIM

Cando:

1 de setembro de 2025

Coa publicación das listas ábrese un prazo, do 2 ao 4 de setembro, para presentar alegacións.

Tras a súa aprobación por parte da comisión de escolarización, o Concello da Coruña publicou hoxe, luns 1 de setembro de 2025, as listas provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera da convocatoria extraordinaria de xullo da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026.

Entre os días 2 e 4 de setembro (ambos incluídos) poderanse presentar as alegacións correspondentes, indicando o ID da solicitude.

As listas están dispoñibles para a súa consulta na páxina da web de Educación do Concello coa información sobre o Proceso de admisión na REIM .

Listas definitivas e período de matrícula

Tras o peche do prazo de alegacións, publicaranse as listas definitivas o vindeiro luns 8 de setembro. Seguidamente, abrirase o prazo de matrícula entre os días 9 e 12 de setembro (ambos incluídos).

O calendario completo do proceso é o seguinte:

Prazo de solicitude

Do 7 ao 18 de xullo

Publicación de listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas

31 de xullo

Prazo de corrección de documentación

Do 1 ao 14 de agosto

Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera

1 de setembro

Prazo de alegacións

Do 2 ao 4 de setembro

Publicación de listaxes definitivas

8 de setembro

Matrícula

Do 9 ao 12 de setembro

Máis información sobre o proceso de admisión na páxina do Proceso de admisión na REIM .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión