Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Publicadas as listaxes provisionais de Idiomas do mundo 2019

Cando:

12 de abril de 2019

Publicáronse as listaxes provisionais de persoas excluídas e as de admitidas, de agarda e excluídas por idiomas e ábrese ata o martes 30 de abril o prazo de alegacións as ditas listaxes.

Reunida a Comisión de valoración do programa Idiomas do Mundo 2019, o día 12/04/2019,  e consonte coa cláusula da 47ª das bases do programa, publícanse:

[...] as listaxes provisionais, cos números de identificación (ID) correspondentes ás peticións recibidas. Incluirá as seguintes relacións provisionais, unha para cada idioma:

  1. Alumnado seleccionado (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando ás persoas que se lle concedese bolsa total e a contía do custe da praza que lles corresponda aboar ás restantes persoas seleccionadas.
  2. Alumnado que, cumprindo os requisitos, non acade o número de orde que lle permita participar no programa por exceder do número de prazas correspondentes a cada idioma, que constituirán as listaxes de agarda. As persoas seleccionadas nalgunha das listas, se é o caso, non figurarán na listaxe de agarda do outro idioma. As persoas non seleccionadas poderán figurar en máis dunha listaxe.
  3. Alumnado que non cumpre os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión";

e a acta da Comisión de valoración.

Segundo a cláusula 48ª "Fronte ás listaxes provisionais abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da devandita publicación, co fin de que as persoas interesadas aleguen o que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos, emenden as faltas ou acompañen os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixeren, teráselles (no caso de que corresponda) por desistidas da súa petición".

E decir, ábrese o prazo de presentación de alegacións do 15 ao 30 de abril, que deberán ser presentadas por rexistro

Posteriormente, e segundo a cláusula 49ª. "A comisión de valoración examinará as alegacións presentadas e emitirá informe motivado.

50ª. A proposta de resolución definitiva recollerá, se procede, as alegacións presentadas. Non se realizarán comunicacións individuais fronte ás mesmas. Emitirase pola Xefatura de Servizo de Educación e incluirá as seguintes relacións definitivas

MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación. educacion@coruna.es

T: 981 184 200 ext: 12038 e 12043

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?