Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Publicado o veredicto do xurado do VI Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2019

Cando:

14 de marzo de 2019

O mércores 13 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro, realizouse a Gala do VII Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2019, organizado pola Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña

Presentáronse 52 alumnos/as, de 6 centros educativos da cidade, que representaron 26 monólogos: 17 na categoría A (1.º e 2.º de ESO), 2 na B (3.º e 4.º de ESO) e 7 na C (bacharelato e FP).

O xurado estivo formado por:

  • Luís Pousada, humorista e monologuista
  • Adelaida Pittaluga, docente teatral e actriz
  • Xulia Rigueiro García, técnica de Normalización lingüística do Concello da Coruña
  • Secretaria: Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña

E despois de valorar a orixinalidade dos seus textos, a súa calidade lingüística, corrección e fluidez, a dramaticación dos monólogos e negativamente se se excedían dos cinco minutos establecidos como tempo límite, outorgaron os seguintes premios:

CATEGORÍA A (1. º e 2.º de ESO)

  • 1.º premio: Martín Aparicio Castro, Isaac Fiduli Pena e Mateo Suárez Otero; do CPR Andaina
  • 2.º premio: Mauro Reza Puga, Gabriel José Nazzo junco e Ignacio Varela Guerra; do CPR Salesianos

CATEGORÍA B (3.º e 4.º de ESO)

  • 1.º premio: Diego Segret Varela; do CPR Salesianos
  • 2.º premio: Iria Cobas Lorenzo e Amalia Barreiro Orosa; do IES Ramón Menéndez Pidal

CATEGORÍA C (bacharelato e ciclos formativos de FP):

  • 1.º premio: María Ruíz Platero; do CPR Salesianos
  • 2.º premio: Noelia Vázquez Fernández; do CPR Salesianos

O acto, presentado pola actriz Lucía Veiga, contou coa actuación da Agrupación de Música Tradicional da Escola Municipal de Música, e coa concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, na entrega de premios.

A gala tivo un grande éxito de público, que encheu o patio de butacas do teatro e varios palcos ata un total de 300 espectadores.

Desde o Servizo Municipal de Educación agradecémosvos a todas e a todos a vosa participación e asistencia. Agardámosvos na próxima convocatoria, no 2020!

Máis información :

Servizo Municipal de Educación. Tel.: 981 18 400 ext. 12038 educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

  • Certame de monólogos cómicos en lingua galega

    Acción de dinamización lingüística consistente nun concurso de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademas da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.

    O alumnado interesado poderá inscribirse no III Taller de Introdución á Interpretación de Monólogos Cómicos, que se realizará un sábado de febreiro de 2019, por determinar (de 17.00 a 21.00 h, e no Ágora); co obxecto de axudarlles a puír os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?