Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e non admitidas no programa ACOREUROPA X

Cando:

8 de abril de 2022

O prazo para presentar alegacións comprende do 8 ao 25 de abril

A instrución do procedemento de adxudicación das prazas convocadas para o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA X correspóndelle ao Servizo Municipal de Educación, que recibirá as solicitudes e comprobará os requisitos esixidos e a documentación acreditativa destes.

Unha vez revisada a documentación recibida, publícase a lista provisional de persoas admitidas e non admitidas [ BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO  ACOREUROPA X: lista provisional de persoas admitidas e non admitidas ], con indicación da causa que motiva esta circunstancia.

Dez días hábiles para emendas

Fronte a esta lista provisional ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir da publicación para que se emende a falta ou se presenten (por rexistro) os documentos requiridos. De non facelo, entenderase por desistida a petición.

Proceso de selección

Unha vez recibidas e resoltas as emendas, publicarase a lista definitiva de persoas admitidas e non admitidas nesta convocatoria.

Solicitaráselles aos centros educativos do consorcio a documentación das persoas admitidas de cada centro (o certificado do expediente académico e o informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente) para a súa valoración. A "Comisión de valoración", formada segundo a cláusula 10 das bases, valorará os méritos e concederá as 14 bolsas do Proxecto Acoreuropa X, tal como se recolle na cláusula 11 das devanditas bases.

Programa ao que pertence

  • Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa X

    Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.

    Máis información

Documentos relacionados

  • BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO  ACOREUROPA X: lista provisional de persoas admitidas e non admitidas (60 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión