Concello da Coruña

Concello da Coruña

REIM: Convocatoria de prazas vacantes do proceso de admisión para o curso 2022/2023

Cando:

20 de xuño de 2022

A REIM convoca máis dun cento de prazas repartidas polas nove escolas infantís municipais

O prazo da convocatoria queda aberta desde o 22 de xuño ata o 4 de xullo.

Esta convocatoria está regulada polas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís municipais para o curso 2022-2023.

As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2022-2023". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar no rexistro xeral (de forma presencial ou telemática) xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal (de forma presencial ou telemática).

O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.

Consulta toda a información (requisitos, baremación, datas do proceso, inscrición en liña, etc) no seguinte enlace:  Proceso de admisión na REIM

Consulta o  Cadro de prazas vacantes para o curso 2022-2023 por cada EIM .

Proxectos educativos

Documentos relacionados

  • BOP nº116 (141 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión