Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rey esíxelle á Xunta que exerza as súas responsabilidades en materia educativa

Cando:

20 de agosto de 2020

A alcaldesa sinala que cómpre informar a cidadanía sobre as condicións en que voltará o alumnado ás clases e cales serán as competencias do profesorado

A alcaldesa, Inés Rey, realizou un chamamento á Xunta esta mañá para que exerza as súas responsabilidades en materia educativa e ademais de recordar cuestións que son "obvias, como é o uso da máscara dentro e fóra dos centros escolares, informe e determine en que condicións voltará o alumnado ás clases e que competencias terá o profesorado". A rexedora esixiulle ao Goberno autonómico que as nenas e nenos regresen aos colexios en termos de igualdade e que comunique como se van desenvolver as xornadas escolares porque "os pais non o sabemos", engadiu.

Rey lembrou que a Xunta lle reclamou no seu momento ao Goberno central que decretase a fin do estado de alarma para se situar á fronte da crise sanitaria, polo que como autoridade competente que é, debe responder ás necesidades das e dos galegos.

Con respecto á información proporcionada onte polo presidente Núñez Feijoo, a alcaldesa pediu que non se estigmatice a ningún dos colectivos nin dos barrios en que se rexistran máis persoas positivas pola Covid-19 porque as cifras son proporcionais ás elevadas densidades de poboación que alí se concentran como é o caso da Agra, cun dos niveis máis altos de Europa: "Isto non quere dicir que a incidencia do virus se acentúe aquí. O coronavirus non distingue". Neste aspecto, asegurou que as restricións serán as mesmas en toda a cidade: "Debemos manter as distancias de seguridade e evitarmos as reunións de máis de dez persoas, así como usarmos a máscara".

O control da Policía local seguirá o mesmo procedemento que até o de agora cun reforzo nas zonas onde soe haber máis persoas e nas rúas cun maior número de terrazas, "vixiando que se cumpran as capacidades permitidas e que se utilice a máscara".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión