Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo público, programación de teatro para centros escolares: Oferta primavera 2021

Cando:

22 de marzo de 2021

Ainda quedan prazas vacantes para o alumnado de secundaria para o espectáculo A.K.A. (ALSO KNOWN US) o venres 9 de abril

O venres  9 de abril ás 11.30 h no Forum Metropolitano representarase A.K.A. (ALSO KNOWN US), unha historia de amor xuvenil co trasfondo dos prexuizos e o racismo, no que o protagonista nos mostra un periodo da súa adolescencia no que tremen as súas raices, a súa identidade. Porque ao final, somos quen sentimos que somos ou quen cre que a xente que somos?

Nesta nova tempada de "Todo Público" temos unha programación para o alumnado de ESO, bacharelato e FP na que apostamos por espectáculos vencellados ca identidade: coa construción da propia identidade pero tamén coa identidade colectiva e mesmo histórica; con situacións socias e personais que a moldean como a violencia de xénero, o racismo e os prexuizos; e tamén con estratexias de supervivencia e a superación persoal, como o humor, a imaxinación, a resilencia. 

  • En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar.
  • Os grupos escolares estarán separados polo corredor central e os/as alumnos/as sentados a 1,5 m de distancia.
  • O aforo máximo será 51 persoas.

Programa ao que pertence

  • Todo público: programación de teatro para centros escolares 2020-21. Primavera 2021

    O IMCE ofrece aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Forum Metropolitano, DE FORMA SEGURA ANTE O COVID-19.

    No presente curso 2020/2021 e debido a incerteza xerada pola aparición da pandemia do coronavirus, realízase esta nova proposta para a primavera de 2021.

    Os espectáculos dirixidos a E. Infantil e E. Primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18:30h (excepto "Contos do Tesouro" e "Historias no"mar ) ey os dirixidos a E. Secundaria terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 21.00h.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión