9 de xaneiro de 2023
Curso 2022/2023. Aberto o prazo de inscrición.
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, no Forum Metropolitano (e no Teatro Colón), para achegar as artes escénicas á infancia e á mocidade.
Inscrición para os centros
Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes do teatro do IMCE: Todo Público"
No caso de esquecer o seu contrasinal e necesite recuperalo ou darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou desde a conta de correo oficial do seu centro escolar a gestionim@edu.coruna.es ou chamando ao teléfono 981 90 23 27.
MOI IMPORTANTE: A aplicación informática emite un informe de sy inscrición. Comprobe se ten as prazas adxudicadas ou se atopa en lista de espera.
Aclaración de dúbidas: en forum@coruna.es e no teléfono 981 184 297, de luns a venres de 9 a 14,30h.
Programa ao que pertence
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, , de FORMA SEGURA.
Todos os espectáculos serán no Forum Metropolitano, excepto "Crisálida" que será no Teatro Colón.
Os espectáculos para EI e EP ofértanse tamén ao público familiar o sábado seguinte ás 18.00 h e os espectáculos para E. Secundaria "Ragazzo", Ifixenia na porta do super" e "Relato para un incendio" o mesmo día ás 21.00 h para público xuvenil e adulto.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible