Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Últimas prazas para o programa Poténciate en lecto-escritura

Cando:

18 de marzo de 2019

O Programa educativo municipal Poténciate de reforzo en lecto-escritura empezou a súa andaina o 25 de febreiro e ten como principal obxectivo diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña.

Está a asistir alumnado de Educación infantil e primaria derivado polos centros educativos da Coruña e polas profesionais de Servizos Sociais (nos casos que elas así o estiman).

Poderanse realizar accións individuais (domiciliarias ou hospitalarias) de ser preciso, tras a valoración da situación polo Servizo Municipal de Educación e logo do informe previo da persoa profesional de referencia.

Centros cívicos onde se realiza: CCM Rosales, CCM Castrillón, CCM San Diego, CCM Mesoiro, CCM Elviña, CCM Os Mallos, CCM Novoboandanza, CCM Labañou, CCM Artesáns, CCM Montealto, CCM Monelos e CCM. Cidade Vella.

Quedan prazas nalgún destes centros cívicos que serán coordinadas desde o Servizo Municipal de Educación. A actividade é gratuíta.

Horarios en cada centro:

  • Rosales: luns de 17:30 a 19:30 h
  • Castrillón: martes de 18.00 a 20.00 h
  • San Diego: mércores de 16.30 a 18.30 h
  • Mesoiro: xoves de 18.00 a 20.00 h
  • Elviña: luns de 16:00 a 18:00 h
  • Os Mallos: martes de 16.15 a 18.15 h
  • Novoboandanza: mércores de 16:00 a 18:00 h
  • Labañou: xoves 16:00 a 18:00 h
  • Artesáns: luns de 18.00 a 20.00 h
  • Monte Alto: martes de 18.00 a 20.00 h
  • Monelos: mércores de 16.10 a 18.10 h
  • Cidade Vella: xoves de 17:30 a 19:30 h

Contacto:

Teresa Delgado López

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?